Actualizado o 06/08/2024

Logo Fraseoloxía galega

Fraseoloxía Galega é un proxecto destinado a impulsar os estudos fraseolóxicos e fraseográficos en Galicia, traducir ao galego obras fraseolóxicas de referencia, construír un Tesouro Fraseolóxico Galego e promover unha metalinguaxe fraseolóxica universal grazas a un glosario multilingüe dixital de termos fraseolóxicos partindo do galego como lingua fonte.

Atendendo a estes propósitos, artéllase en cinco eixos:

  1. Construción dun Tesouro Fraseolóxico galego que reúna nunha base de datos non só o propio traballo de campo senón tamén, na medida do posible, a totalidade das recolleitas fraseolóxicas dende o P. Sarmiento ata hoxe. Confórmano fontes orais e fontes escritas (recolleitas fraseolóxicas publicadas e inéditas, expurgos lexicográficos, contextos do cantigueiro popular e dalgunhas relevantes obras literarias). Proximamente estará na Rede un fondo de 60.000 ocorrencias. Hai previsión de acadar as 200.000.

  2. A Biblioteca Fraseolóxica Galega engloba todas as publicacións pertencentes ó proxecto Fraseoloxía Galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Cumpre con tres obxectivos a través de distintos tipos de publicacións:

    1. Impulso dos estudos fraseolóxicos e fraseográficos en Galicia, mediante Coloquios e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega (www.cirp.gal/cfg) na que levan colaborando en galego 189 fraseólogos de 25 países de Europa e de América. Cadernos de Fraseoloxía Galega conta cun total de 19 números publicados entre o 2000 e o 2017. Ademais, no 2007, publicouse un Anexo da revista, titulado “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”, de José Augusto Ventín Durán. Dende o número 18, a revista só se publica en versión dixital. Tódolos números anteriores están na Rede en formato PDF. Esta revista contribúe a impulsa-lo funcionamento da lingua galega como lingua de debate científico. Cadernos de Fraseoloxía Galega aparece indexada en diversos repertorios bibliográficos e bases de datos:

    2. Tradución ó galego de obras de referencia da fraseoloxía eslava que non teñan aínda tradución a ningunha lingua da Europa occidental. Iniciouse con obras do prof. Valerii Mokienko, de San Petersburgo: As imaxes da lingua rusa (2000) e Fraseoloxía eslava (2000) e continuou con Aspectos teóricos da fraseoloxía (2009) dos Prof. Anatólij Baránov e Dmitrij Dobrovol’skij, da Academia Rusa das Ciencias. Preténdese así colaborar á proxección exterior da lingua galega.

    3. Divulgación e aplicación da fraseoloxía no eido do ensino. Dentro do obxectivo, publicouse o manual escolar en liña Para dar trela. Manual práctico de fraseoloxía galega, de Mª Carmen Losada Aldrey, Alba Cid Fernández, Xurxo Fernández Carballido e Evaristo Corujo Martínez (Tito) (2016). Así mesmo, publicouse no 2019 o manual, Coa palabra na boca, de Xaime Iglesias González.

  3. Informes fraseolóxicos para responder ás peticións de información fraseolóxica e envío de información a distintos fraseólogos de diferentes países. Colaboración nos dous volumes do proxecto dun atlas fraseolóxico euroasiático Widespread Idioms in Europe and Beyond da Dra. Elisabeth Piirainen.

  4. Elaboración dun Glosario terminolóxico multilingüe dixital que recolla os termos metalingüísticos da fraseoloxía, tanto de corte teórico como aplicado, en 18 linguas (galego, español, catalán, éuscaro, francés, italiano, portugués, romanés, chinés, xaponés, serbio, croata, ruso, alemán, inglés, árabe, lingala e kikongo), xunto coa súa definición e clasificados segundo criterios semánticos de hiperonimia/hiponimia e sinonimia/antonimia. A finalidade deste Glosario é a de establecer unha terminoloxía común no eido fraseolóxico en todas as súas variantes (fraseodidáctica, fraseotradutoloxía, fraseoloxía contrastiva etc.) e contribuír así a un uso máis homoxéneo da metalinguaxe da fraseoloxía no ámbito científico. En efecto, o caos terminolóxico que está a haber nestes momentos nesta disciplina, derivado da inxente riqueza do seu obxecto de estudo e do grande dinamismo dos seus estudosos, motiva a creación deste glosario multilingüe capitaneado pola lingua galega.

  5. Outros

    • Actas do I Coloquio Galego de Fraseoloxía (1998)
    • Refraneiro galego da vaca (1995)

Dirección/Coordinación

  • Xesús Ferro Ruibal (periodo activo: 1994- 2014; periodo de transición: 2014-2018)
  • M.ª Isabel González Rey (periodo activo: 2018-actualidade)

Persoal vinculado

Neste proxecto foron colaborando sucesivamente e durante períodos desiguais as seguintes persoas: María Isabel González Rey, María Jesús Anido Silvosa, Mª do Carme Lamela Villaravid, Mª Clara Viqueira Liñares, Isabel Valiño Ferrín, Josefa Beloso Gómez, Maite Veiga Díaz, Patricia Buján Otero, Mª Carmen Paz Roca, Ana García Lozano, Marta Rodríguez Añón, Ana Vidal Castiñeira, Leopoldo Cañizo Durán, Cristina Veiga Novoa, Beatriz Vizcaíno Pena, Isabel Giráldez Arias, Emma Mª Salgueiro Veiga, Cristina Rodríguez Nieto, Alba Vidal Fernández, Fernando Groba Bouza, Xacinta Varela Martínez, Rebeca Lema Martínez, Noelia Surribas Díaz, Beatriz Pérez Traseira, Andrea Expósito Lourenzo, Sara Villar Aira, Alba Quintairos Soliño, Vanesa Freire Armada, Beatriz Pérez Mosquera, Andrea Ucha Bouzada.

Colaboradores externos

No Glosario terminolóxico multilingüe dixital participa o seguinte persoal investigador externo: M.ª Isabel González Rey (Universidade de Santiago de Compostela, España), Antonio Pamies Bertrán (Universidad de Granada, España), Florentina Micaela Mena Martínez (Universidad de Murcia, España), M.ª Eugenia Olímpio de Oliveira Silva (Universidad de Alcalá de Henares, España), Carola Strohschen (Universidad de Murcia, España), Chunyi Lei (Universidad de Granada, España), Zuriñe Sanz Villar (Universidade do País Vasco, España), Anna Zholobova (Universidad de Granada, España), Ángels Catena Rudolfo (Universidad Autónoma de Barcelona, España), Alba Quintairos Soliño (Universidade de Vigo, España), Mariangela Albano (Universidade de Cagliari, Italia), Andelka Pejovic (Universidade de Belgrado, Serbia), Daniela Dinca (Universidade de Craiova, Romanía), Ivana Lončar (Universidade de Zadar, Croacia), Mohammed Boughaba (Universidade Mohammed V de Rabat, Marrocos), Inocente Luntadila Nlandu (Universidade Agostinho Neto, Angola), Alejandro Martínez Vicente (Universidade de Zadar, Croacia), Aneta Trivic (Universidade de Belgrado, Serbia).

Consello Científico e Consello de Redacción de CFG

Consello Científico

Margarita Alonso Ramos (Universidade da Coruña), Luis Alfaro Echevarría (Universidad Central “Marta Abreu” de Las Villas), María Álvarez de la Granja (Universidade de Santiago de Compostela), Patricia Buján (Universidade de Vigo), Javier Calzacorta Elorza (Euskaltzaindia. Real Academia de la Lengua Vasca), Maria Conca i Martínez (Universitat de València), Xermán Conde Tarrío (Universidade de Santiago de Compostela), Gloria Corpas Pastor (Universidad de Málaga), Stefan Ettinger (Universität Augsburg), Andrea Expósito Loureiro (IES Mendiño de Redondela), José Enrique Gargallo Gil (Universitat de Barcelona), Xesús Ferro Ruibal (Real Academia Galega), Xosé María Gómez Clemente (Universidade de Vigo), Luís González García (Universidade da Coruña), Mª Isabel González Rey (Universidade de Santiago de Compostela), Ángel Iglesias Ovejero (Université d’Orléans), Hugo Kubarth (Karl-Franzens-Universität Graz), M. Carmen Losada Aldrey (Universidade de Santiago de Compostela), Joan Martí i Castell (Institut d’Estudis Catalans), Wolfgang Mieder (University of Vermont), Carmen Mellado Blanco (Universidade de Santiago de Compostela), Valerii Mokienko (Sankt-Peterbúrgskii Gosudárstvennii Universitet), Károly Morvay (Universidade Eötvös Loránd de Budapest), Gerd Wotjak (Universität Leipzig), Beatriz Pérez Traseira (IES Neira Vilas), Alba Quintairos Soliño (Universidade de Vigo), Julia Sevilla Muñoz (Universidade Complutense de Madrid), Monika Sułkowska (Uniwersytet Śląski), Sara Villar Aira (Colexio Compañía de María), Alberto Zuluaga Ospina (Universität Tübingen), Marie Évelyne Le Poder (Universidade de Granada), M.ª Carmen Parra Simón (Universitat d´Alacant), Carme López Taboada (IES Eusebio da Guarda da Coruña), Vanessa Fernández Pampín (IES de Valga), Ramón Anxo Martíns Seixo (Escola Oficial de Idiomas de Vigo), María do Rosario Soto Arias (IES Eusebio da Guarda da Coruña).

Consello de Redacción

M.ª Isabel González Rey (Universidade de Santiago de Compostela), Alba Quintairos Soliño (Universidade de Vigo), Beatriz Pérez Mosquera (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), Andrea Ucha Bouzada (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades).

Publicacións resultantes

BARÁNOV, Anatolij; DOBROVOL'SKIJ (2009): Aspectos teóricos da fraseoloxía.

BENAVENTE JAREÑO, Pedro e Ferro Ruibal, Xesús (1995): Refraneiro galego da vaca.

BENAVENTE JAREÑO, Pedro; FERRO RUIBAL, Xesús (2010): O libro da vaca. Monografía e etnolingüística do gando vacún.

FERRO RUIBAL, Xesús (coord.) (1998): Actas do I Coloquio Galego de Fraseoloxía (1997).

MOKIENKO, Valerii (2000): Fraseoloxía eslava. (Manual universitario para a especialidade de lingua e literatura rusas).

MOKIENKO, Valerii (2000): As imaxes da lingua rusa.

VENTÍN DURÁN, José Augusto (2007): Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral.

Cadernos de Fraseoloxía Galega 1. Fraseoloxía do mar na Mariña Luguesa (RIVAS, Paco) (2000).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 2. Refraneiro galego (TABOADA CHIVITE, Xesús) (2000).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 3. Achegas a un diccionario de refráns galego-castelán, castelán-galego (SOTO ARIAS, Mª do Rosario) (2003).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 4. Estudos e recadádivas (2003).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 5. Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral (Francisco Vázquez Saco) (2003).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 6 (2004).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 7 (2005).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 8 (2006).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 9 (2007).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 10 (2008).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 11 (2009).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12 (2010).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 13 (2011).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 14 (2012).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 15 (2013).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 16 (2014).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 17 (2015).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 18 (2016).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 19 (2017).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 20 (2018).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 21 (2019).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 22 (2020).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 23 (2021).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 24 (2022).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 25 (2023) (en preparación).

Actividades científicas organizadas

I Coloquio Galego de Fraseoloxía. Interviron Alberto Zuluaga Ospina (Tubingen), Gloria Corpas Pastor (Málaga), Franz Josef Hausmann (Erlangen-Nürnberg), Patrick Hanks (Oxford), Antonia M.ª Tristá Pérez (La Habana), Juan Martínez Marín (Granada), Maria Conca i Martinez (Valencia), Xabier Kaltzakorta (Bilbao), Fernando Varela (Viena), Delfín Carbonell Basset (Marshall Institut de Madrid), Antonio Nogueira Santos (fraseógrafo portugués-inglés), Marina Kótova (San Petesburgo), Leonel Ruiz Miyares (Santiago de Cuba). Por parte galega participaron Xosé María Gómez Clemente (Vigo), Luís González García e M.ª Rosario Soto Arias (A Coruña), Carmen Mellado Blanco e Xesús Ferro Ruibal (Santiago de Compostela).

Contacto

[email protected]

En relación...