Logo Cadernos de Fraseoloxía Galega 17, 2015
Cadernos de Fraseoloxía Galega 17, 2015

Varios; Mª Isabel González Rey (Directora)

(2016)

ISSN: 1698-7861

Prezo: 7 €

Páxinas: 310

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Agencia Gráfica

Descargar (18 MB)

O número 17, 2015 de Cadernos de Fraseoloxía Galega contén 4 traballos que abordan diversos aspectos fraseolóxicos referidos ás fórmulas rutineiras, ás paremias xeocosmolóxicas, á sinonimia e a unidades diversas do ámbito da alimentación. As linguas comparadas son cinco: galego, maorí, castelán, alemán e francés.

Sae á luz unha recadádiva de fraseoloxía recente nas Pontes de García Rodríguez. Faise recensión crítica de 7 obras da especialidade publicadas entre 2012 e 2014 e na sección de Novas dáse conta da aparición de 352 libros ou artigos e 11 recensións; dáse conta da celebración no 2015 de 7 congresos, coloquios e xornadas; da aparición dun novo manual de didáctica da fraseoloxía galega, dun proxecto de investigación en Polonia e de dous casos de fraseografía espontánea galega. Con este número xa publicaron nesta revista 184 investigadores de 24 países.

Contidos