Logo Cadernos de Fraseoloxía Galega 13, 2011
Cadernos de Fraseoloxía Galega 13, 2011

Varios; Xesús Ferro Ruibal (Director)

(2012)

ISSN: 1698-7861

Prezo: 9 €

Páxinas: 515

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Grafinova, S.A.

Descargar (8 MB)

O número 13 de “Cadernos de Fraseoloxía Galega” (2011) contén 13 artigos verbo de diferentes aspectos da fraseoloxía e paremioloxía (en perspectiva taxonómica, cognitiva, histórica, xeográfica, literaria, didáctica ou de uso por idades). Ofrécense unhas 3.000 unidades fraseolóxicas galegas recollidas recentemente na Terra de Bergantiños (Galicia). Faise recensión de 10 libros publicados recentemente e que conteñen traballos de 150 especialistas de todo o mundo. Dáse noticia de 6 congresos no ano 2011, de 133 artigos ou libros de recente aparición e de 23 recensións desta especialidade; entre ellas, está a referencia detallada da aparición dun “Dicionario de fraseoloxía castelán-galego” en formato electrónico e dunha aplicación paremiolóxica galega para Iphone. A información e a análise que forman este volume de 515 páxinas está elaborada por investigadores de todas as idades e niveis de ensino (incluído o básico) e de diferentes países europeos.

Contidos