Armando Requeixo (edición).
(2014)
978-84-453-5164-2
Prezo: 9,70 €
Páxinas: 165
Formato: 240x170 mm
Imprime: Grafisant, S.L.
Descargar (2 MB)Daniel Pernas Nieto foi un poeta lugués, colaborador na prensa cultural e literaria do seu tempo (Galicia, Follas Novas, Vallibria, El Eco de Villalba) e cura ecónomo na parroquia de Santiago de Baroncelle. Como poeta, deixou esparexidas diversas composicións e conseguiu publicar, en lingua galega, o seu único poemario, Fala d’as Musas, que apareceu nos tráxicos días do Nadal de 1936 e que leva un breve prólogo en castelán de Álvaro Cunqueiro. Libro encadrable no apartado de poesía da terra, reprodúcese agora nunha coidada edición do profesor Armando Requeixo.