Logo A nacionalización do pasado irlandés (1845-1937)
A nacionalización do pasado irlandés (1845-1937)

Xavier R. Madriñán

(2010)

84-453-4960-1

Prezo: 25,18 €

Páxinas: 783

Formato: 24x17 cm

Imprime: Grafisant

Descargar (9,4 MB)

A obra é unha análise do proceso de configuración da representación nacionalista do pasado de Irlanda entre o momento do nacemento do nacionalismo moderno irlandés e a consolidación do Estado Libre Irlandés, que consagra dito relato como historia oficial. Fúndase no estudo dos textos fundamentais da historiografía nacionalista, tanto das historias literarias/populares coma das académicas, a partir da década final do XIX. Analízase a evolución da representación nacionalista do pasado dun modo comparado, atendendo á definición do suxeito nacional, os contidos e a súa estruturación, os aspectos formais e a mensaxe política que transmiten. Conclúese que o relato canónico final vén ser o resultado do proceso de perfeccionamento dunha interpretación inicial do pasado que permanece inalterable no seus elementos historiográficos constitutivos, que son adaptados en función da evolución do contexto político e as esixencias da práctica académica do traballo histórico. En consecuencia, o estatuto científico da historia de Irlanda elaborada desde a perspectiva ideolóxica nacionalista resulta certamente precario.