Francisco García Gondar, Silvana Castro García
(2008)
978-84-453-4684-6 (Caderno 2). ISSN: 1887-276-X (Cadernos da BILEGA).
Prezo: 18 €
Páxinas: 608
Formato: 17 x 24 cm.
Imprime: Grafisant
Descargar (4 MB)A serie Cadernos da BILEGA está destinada a acoller monografías con información bibliográfica detallada sobre a lingua galega, delimitada cun criterio cronolóxico ou temático. Esa información procede do banco de datos BILEGA: Bibliografía Informatizada da Lingua Galega, que desde o ano 1998 vén ofrecendo o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades como recurso en liña actualizado decotío (http://www.cirp.es/bdo/bil/). Este segundo número da colección ofrece 2707 asentos bibliográficos agrupados en 1201 entradas organizadas a partir dun repertorio de 244 temas. Corresponden á produción bibliográfica sobre o idioma galego xerada no ano 2005 e completada con algunhas referencias do ano 2004 non incluídas na monografía previa dedicada a ese ano. Forman parte desta produción non só os traballos publicados por primeira vez nalgún deses dous anos, senón tamén as reedicións. Cada entrada bibliográfica ofrece a historia editorial completa do traballo referenciado, unha sinopse do seu contido, as recensións e notas de publicación sobre o mesmo e información sobre a(s) época(s) da historia do galego que abrangue e a(s) variedade(s) lingüística(s) que estuda (de ser o caso), entre outros aspectos. Os autores, conscientes da relevancia que está a adquirir a edición dixital a través da Internet, tamén ofrecen información sobre as edicións en liña, que neste repertorio xa representan algo máis do 71% das entradas. A obra complétase con seis ricos índices elaborados atendendo a varios parámetros, que facilitan a localización dos traballos dentro do repertorio bibliográfico.