Logo Mundo Gallego (Edición facsimilar)
Mundo Gallego (Edición facsimilar)

Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); Luís Alonso Girgado, Marisa Moreda Leirado e María Vilariño Suárez (Edición)

(2007)

978-84-453-4475-0

Prezo: 12 €

Páxinas: 240

Formato: 20 x 29 cm.

Imprime: Grafisant, S.L.

Descargar (26,1 MB)

Chegou a tirar catro números en pouco máis de dous anos de vida e foi unha publicación de carácter cultural, de signo galeguista e particularmente sensible á literatura e á pintura, aínda que non esquecera nin o cine nin o deporte. Levárona adiante Eliseo Alonso —o poeta de Goián—, Xosé Conde e Teodoro Campos. Publicación bilingüe con xenerosa presenza do galego, destaca polas variadas e interesantes ilustracións, pola súa importante nómina de colaboradores (Bouza Brey, Ánxel Fole, Valentín Paz Andrade, Emilio Pita, José Blanco Amor, Salvador Lorenzana, E. Correa Calderón, Iglesia Alvariño, Ben-Cho-Shey, Otero Pedrayo, Luz Pozo, Victoriano Taibo, E. Blanco Amor) e polo interese e calidade das súas páxinas.