Logo Lar Galician, Alalá, Alborada, Alén Mar
Lar Galician, Alalá, Alborada, Alén Mar

Luís Alonso Girgado, Marisa Moreda Leirado e María Vilariño Suárez (Edición)

(2007)

978-84-453-4403-3

Prezo: 4 €

Páxinas: Tríptico con CD

Formato: 21 x 21 cm. CD

Imprime: Copybelén

Descargar (78,2 MB)

En formato CD reunimos catro cabeceiras que tiveron unha existencia moi breve. Referímonos a Alalá, Alborada, Alén Mar e Lar Galicián, galegas da Arxentina todas elas. Aparecidas entre comezos e mediados do século XX, as dúas primeiras son de temática musical, como xa evidencian as mesmas cabeceiras. En particular, Alborada homenaxea a Pascual Veiga. Pola súa parte, Alalá destaca polo xeneroso emprego do galego. Nesta liña está superada aínda por Lar Galicián, que tirou 4 números baixo a dirección de Valvanera I. De Malvárez. A Asociación arxentina de fi llos de galegos é a responsable de Alén-Mar, rematada así mesmo no nº 4 e interesada en divulgar a cultura galega e o pensamento galeguista. Trátase, en todo caso, de publicacións pouco coñecidas, pero merecentes de atención polo interese dalgunhas das súas achegas e o relevo dos seus colaboradores. Completan a listaxe de publicacións de prensa emigrante do alén mar que o Centro Ramón Piñeiro recupera desde hai algúns anos.