Logo Cadernos Ramón Piñeiro (X). A pretensa nostalxia da autoridade. (Unha interpretación parcelar d'O porco de pé de Vicente Risco)
Cadernos Ramón Piñeiro (X). A pretensa nostalxia da autoridade. (Unha interpretación parcelar d'O porco de pé de Vicente Risco)

Alva Martínez Teixeiro

(2006)

978-84-453-4350-5

Prezo: 6 €

Páxinas: 124

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas ATV

Descargar (23 MB)

A figura do polifacético intelectual que foi Vicente Risco ten no ámbito da literatura narrativa un dos seus mellores perfís. Máis concretamente, O porco de pé (Ed. Nós, 1928), única novela do escritor, está hoxe considerada como a porta á modernidade da nosa novelística. A análise dalgunhas das máis definitorias claves da cosmovisión desta obra dedica os seus esforzos interpretativos a autora deste ensaio curto, Alva Martínez Teixeiro, gañadora do premio Centro Ramón Piñeiro na súa IV convocatoria.