Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); Luís Alonso Girgado, Marisa Moreda Leirado e María Vilariño Suárez (Edición); Francisco Fernández del Riego e Xurxo Martínez Crespo (Colaborador)
(2006)
84-453-4297-5
Prezo: 17 €
Páxinas: 64 máis as do facsímile
Formato: 23.5 x 32.5 cm.
Imprime: Litonor
Descargar (37 MB)Cando a comunidade galega de Caracas vivía tempos de secesión e aínda de enfrontamento, aparecía esta Galicia voceira do Centro Galego que orientaba o escritor Silvio Santiago aínda que nalgúns números a función de director estivera desempeñada por E. Blanco-Amor. Estamos diante dunha revista societaria onde a contribución cultural é moi superior á información social da entidade. Achegas de todo tipo (crónicas, informes, cartas, notas soltas, poemas, narracións, etc.) conviven aquí, no medio da pugna entre unionistas e secesionistas no seo da comunidade galega. Ben ilustradas, estas páxinas contan con textos de E. Blanco- Amor, Otero Pedrayo, Cela, Ramón Lugrís, R. Rey Baltar, Ramón Piñeiro e García- Sabell. A edición dispuxo de máis de un especialista (en terreos como os da emigración, historia de Venezuela, creación literaria, etc.) para ordenar e analizar o material textual dos seus números, dignos da cabeceira que levan. Esta edición facsímile recupera integramente a revista.