Logo Cadernos Ramón Piñeiro VIII Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra.
Cadernos Ramón Piñeiro VIII Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra.

Manuel Forcadela

(2005)

84-453-4217-7

Prezo: 5 €

Páxinas: 128

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas ATV

Descargar (309 KB)

Á súa dilatada traxectoria como profesor e poeta hai que engadir na persoa de Manuel Forcadela (o seu ben coñecido pseudónimo literario), os seus achegamentos aos terreos dos estudos literarios e do ensaio, así como o seu labor na prensa cultural galega. A figura de Pondal, sobre todo, foi obxecto da súa atención en máis de unha importante achega. Agora, Diálogos na néboa (os diálogos pertencen ás actitudes, manifestacións e pensamentos de Cunqueiro e Ramón Piñeiro), libro que recibiu o Premio Centro Ramón Piñeiro na súa terceira convocatoria, volve ao cultivo do ensaio como expresión dun pensamento creativo, imaxinativo, analítico. Dous coñecidos textos dos escritores metidos no diálogo actúan como soportes e fíos condutores de natureza diversa que pasan dialecticamente por estas fermosas e suxestivas páxinas. Non sorprende, desde logo, o coidado estilo e a precisión expresiva do autor nesta importante contribución ao