Logo Eufonía
Eufonía

Luís Alonso Girgado, María Cuquejo Enríquez, Manuel Quintáns Suárez (Edición)

(2005)

84-453-4019-0

Prezo: 11 €

Páxinas: 104

Formato: 18,5 x 26,5 cm.

Imprime:

Descargar (57 MB)

Velaquí unha revista exclusivamente poética dedicada a publicitar “rimas y glosas” de poesía galega e dirixida dende Bos Aires por Alfonso Gayoso Frías. Como outras do mesmo xénero, Eufonía (1958- 59) foi de efémera duración nos seus dous únicos números, pero servíu de ponte interxeracional e de canle creativa e comunicativa entre o terreo da diáspora (emigrados ou exiliados como Neira Vilas, R. Rey Baltar, Avelino Díaz, X. Paz Lestón) e as novas voces que xurdían en Galicia (Manuel María, Xohana Torres, Novoneira) ou en Madrid (o grupo Brais Pinto), que se manifestaban na lingua do país. Un estudo contextual que non descoida publicacións compañeiras de Eufonía no espazo e no tempo, unha análise interna das súas páxinas e os necesarios índices preceden a reprodución facsimilar desta sinxela pero sempre interesante e pouco coñecida publicación.