Luís Alonso Girgado (Introdución); Luís Alonso Girgado (Índices); María Cuquejo Enríquez (Edición)
(2005)
84-453-4040-9
Prezo: 13 €
Páxinas: 230
Formato: 22 x 29,7 cm.
Imprime: Gráficas Garabal, S.L.
Descargar (79 MB)A publicación deste facsímile (Airiños d’a miña terra) dunha importante cabeceira da prensa galega de Cuba, que con claridade lembra e homenaxea a Curros Enríquez (que viviu e morreu na Illa, onde traballou como xornalista), inclúese nun proxecto xeral de recuperación da prensa galega emigrante e constitúe unha entrega máis que engadirmos ás xa publicadas. A información do acontecer galego e galego-cubano e o privilexiado espazo dedicado a Galicia e particularmente ás letras galegas (con diferentes achegas en prosa e verso de Rosalía, Lamas, Pondal, Añón, Labarta Pose, Carballal Lafourcade ou Manuel Lugrís Freire entre outros) son claves desta revista que agora reaparece cun estudo preliminar e índices para a consulta das súas páxinas.