Mercedes Brea (Coordinador); Yara Frateschi Vieira, Mariña Arbor Aldea, Xavier Ron Fernández, Gerardo Pérez Barcala, Mercedes Brea, Elvira Fidalgo, Ramón Mariño Paz, Xavier Varela Barreiro
(2005)
84-453-4060-X3
Prezo: 12,36 €
Páxinas: 374
Formato: 17 x 24 cm.
Imprime:
Descargar (10 MB)Coa intención de conmemorar o centenario da publicación da edición crítica do Cancioneiro da Ajuda, realizada por Carolina Michaëlis de Vasconcelos, o Centro Ramón Piñeiro decidiu publicar este volume de estudos sobre o propio códice, sen por iso esquecer o grande labor da filóloga luso-alemá, quen conseguiu que os trobadores galego-portugueses fosen coñecidos en todo o mundo e sexan estudados hoxe á par dos trobadores provenzais, os trouvères franceses e os poetas italianos da escola siciliana e o Dolce Stil Novo. Baixo a coordinación de Mercedes Brea, os autores Mariña Arbor, Elvira Fidalgo, Ramón Mariño e Xavier Varela entre outros, analizan distintos aspectos coma o lingüístico, o rítmico e outras cuestións referentes ao tema do amor e á existencia de posíbeis textos discordantes dentro do Cancioneiro.