Logo As noites no fogar e outros textos
As noites no fogar e outros textos

Ángel Vázquez Taboada; Alexandra Cabaleiro Carro (Edición); Anxo Tarrío Varela (Director técnico)

(2001)

84-453-3105-1

Prezo: 800 pts.

Páxinas: 208

Formato: 15 x 21'5 cm.

Imprime: Cograf

Continuando co labor de recuperación da narrativa galega de finais do século XIX e principios do XX que se está a levar a cabo no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, a través do proxecto “Narrativa recuperada” dirixido polo profesor Modesto Hermida García, preséntase esta nova edición que recolle por primeira vez en conxunto a obra narrativa en galego de Ángel Lois Vázquez, un autor esquencido de todos os manuais e historias da literatura galega. Unha vez máis a obra ven precedida dun estudio preliminar que nesta ocasión e por mor dos escasos datos atopados sobre o percurso vital de Vázquez Taboada, tenta facer un achegamento á súa personalidade e ideoloxía a través de conclusións tiradas da análise da propia obra. Así mesmo, tamén se dá conta de toda a producción literaria do autor situándoa no contexto da época. A seguir, descríbense cada un dos relatos contidos no volume, atendendo á estructura textual, espacialización, temporalización, modalización narrativa e tipoloxía dos personaxes, incluíndo algunhas consideracións sobre a lingua empregada.