Logo Antoloxía do conto neozelandés
Antoloxía do conto neozelandés

María Fe González Fernández (Edición)

(2000)

84-453-2939-1

Prezo: 825 pts.

Páxinas: 90

Formato: 14 x 21 cm.

Imprime: Difux, S.L.

Inclúe cinco relatos de catro dos escritores de narrativa curta máis importantes de Nova Zelandia: Katherine Mansfield (1888-1923), Frank Sargeson (1903-1982), Janet Frame (1924) e Patricia Grace (1937). O volume ábrese cunha introducción na que se dá conta da vida e obra dos autores seleccionados, facendo, así mesmo, unha breve caracterización dos contos traducidos. Segue a este capítulo introductorio a traducción de “A viaxe” e “A casa de bonecas”, de K. Mansfield; “Un gran día”, de F. Sargeson; “O encoro”, de J. Frame e “Entre a terra e o ceo”, de P. Grace. En síntese, este libro representa unha primeira e importante canle que relaciona a lingua galega coa literatura neozelandesa e contribúe así ó seu mellor coñecemento entre nós.