Logo A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire
A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Manuel Lugrís Freire; Modesto Hermida García (Director do proxecto); Xabier Campos Villar (Introdución); Xabier Campos Villar (Notas)

(2000)

84-453-2935-9

Prezo: 4,81 €

Páxinas: 275

Formato: 15 x 21'5 cm.

Imprime: Difux, S.L.

Descargar (1,62 MB)

Nova entrega da colección “Narrativa recuperada” que reúne por primeira vez, nun único volume, o conxunto dos textos narrativos escritos en galego por Manuel Lugrís Freire (Sada, 1863 – A Coruña, 1940). Ademais na novela curta O penedo do crime, inclúense máis de cincuenta relatos escritos a finais do século XIX e comezos do XX, que foran publicados en diversos xornais e revistas daquela época coas sinaturas Asieumedre, L.U. Gris, K. Ñoto e Roque das Mariñas. A Edición anotada dos textos anteditos está complementada cun documentado estudo biobibliográfico sobre Manuel Lugrís Freire e cunha análise literaria deste corpus textual na que non faltan referencias aos paratextos, estrutura, temática, modalización narrativa, temporalización, espacialización e recepción crítica da obra deste autor ao longo do tempo.