Gustavo San Román (Edición)
(1998)
84-453-2193-5
Prezo: 2.075 pts.
Páxinas: 325
Formato: 17 x 24 cm.
Imprime: Oriberthor, S.L.
Esta edición de Gustavo San Román ábrese cunha “Introducción”, na que se dá conta do periplo vital de José María Alonso y Trelles Jarén (Ribadeo, 1857-Montevideo, 1924), máis coñecido na súa patria adoptiva polo pseudónimo de “El Viejo Pancho”, e se sitúa a súa obra no contexto cultural da súa época. A seguir, coméntase a edición presente e ofrécense unhas notas sobre o dialecto gaucho de El Viejo Pancho, para logo dar paso ós seguintes apartados: “Obras publicadas en vida de José A. y Trelles”, “Obras inéditas” e “Outros textos”. Finalmente, ofrécese unha “Bibliografía” e un “Glosario de termos gauchos en Paja Brava”.