Logo Posío. Arte y Letras. (Edición facsímile. Ourense, 1951-1954)
Posío. Arte y Letras. (Edición facsímile. Ourense, 1951-1954)

Luis Alonso Girgado (Director do proxecto); Xoán Carlos Domínguez Alberte, Begoña Eguizábal Gándara, Amelia Rodrigues Esteves (Colaborador)

(1996)

ISBN: 84-453-1794-6

Prezo: 2.700 pts.

Páxinas: 361

Formato: 17'5 x 25 cm.

Imprime: Difux, S.L.

Descargar (65 MB)

Por segunda vez a voz Posío convértese en cabeceira dunha revista ourensá, agora dirixida por Xesús Ferro Couselo e co encabezamento “Posío. Arte y Letras”, publicación que entre 1951-1954 tirou 24 números distribuídos irregularmente en cinco volumes. “Posío. Arte y Letras” posúe unha dobre dimensión. Dunha banda é o órgano de expresión da agrupación do mesmo nome, que tivo o seu berce entre algúns membros do Círculo Azor e comezou as súas actividades en 1948. Por outra banda témo-la revista en si, que non podemos catalogar entre as estrictamente literarias. Nela hai un amplo abano de colaboracións de temática antropolóxica, histórica, local, psicolóxica, relixiosa, etc. Á hora de facer balance desta revista xorde inevitablemente a comparación coa súa homónima e predecesora. Resulta esta unha revista esteticamente algo menos coidada, externamente máis irregular e tematicamente máis variada.