Logo Plumas e Letras en 'La Noche' (1946-1949)
Plumas e Letras en 'La Noche' (1946-1949)

Luis Alonso Girgado (Director do proxecto); Xabier Castro Rodríguez, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Begoña Eguizábal Gándara, Manuel Quintáns Suárez, Amelia Rodrigues Esteves (Colaborador)

(1996)

ISBN: 84-453-1656-7

Prezo: 1.885 pts.

Páxinas: 560

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: IMAGRAF, Artes Gráficas

Descargar (86 MB)

O día 1 de febreiro de 1946 nacía en Santiago de Compostela un novo xornal, “La Noche”, que viña substituí-lo seu predecesor, El Compostelano. Plumas e Letras en “La Noche” é, en primeiro termo, unha homenaxe a aquel xornal desaparecido en 1967 e que en 1996 cumpre medio século. Esta antoloxía constitúe unha primeira entrega dun proxecto máis amplo sobre “La Noche”, que continúa na publicación da edición facsímilar do “Suplemento del Sábado”, que durou de outubro de 1949 ata xaneiro de 1950, e na compilación da serie “Parladoiro” que diariamente publicaba Otero Pedrayo. Este libro quere ser un testemuño dalgúns dos máis salientables nomes que colaboraron neste xornal entre os anos 1946-1949, escritores coma: Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Carballo Calero, Fernández del Riego, Filgueira Valverde, Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro ou Pura Vázquez son parte integrante dunha moito máis ampla nómina de colaboradores.